Curso de auxiliar de sección de frescos
PROGRAMA DIXITALIZATE
A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora na organización da formación "Programa Digitalízate" cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Cámaras de Comercio de España e da Coruña.
Dirixido ás persoas desempregadas de + de 45 anos, que queiran melloran as súas competencias dixitais.
Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de Auxiliar de reposición e venda en gran superficie
Este programa de 215 h. consta dunha formación troncal en empregabilidade para a busca de emprego de 65 h. (Habilidades persoais, para a empregabilidade, sociais e Internet) e dunha específica de Auxiliar de reposición e venda en gran superficie de 150 h. (50 h. de teoría: repositor/a de gran superficie, técnicas de venda e atención á clientela e 100 h. de prácticas).
Curso de Competencias Clave 3 (Lingua castelá e matemáticas)
Curso de competencias clave nivel 3 matemáticas e lingua castelá (hai que asistir ás dúas competencias) no marco do PROGRAMA PEL EMPREGO SUSTENTABLE
Non é necesario acreditar nivel académico
Data prevista de inicio 14/02/2022
Horario de mañá
Lugar: Oleiros
Enquisa Plan de Formación Sada 2021
Desde o Concello de Sada somos conscientes da necesidade de facilitar ferramentas formativas para a poboación do municipio.
Os cursos de emprego ofertados pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Sada teñen como finalidade a inserción laboral a través de formación práctica e personalizada dirixida fundamentalmente ás personas demandantes de emprego do Concello de Sada.
De cara a organizar a programación dos cursos deste ano 2021 compartimos esta enquisa para recoller propostas e detectar demandas para poder plantexar un Plan Formativo útil e adaptado as necesidades da poboación local.
Curso “Confección e mantemento de artes e aparellos”
Esta acción formativa que se está a programar dende o Concello de Sada financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar, terá lugar a finais de 2019 e comezos de 2020, de luns a venres de 14:30 a 22:30 h. cunha duración de 330 h. que permitirá ao alumnado adquirir as competencias necesarias para poder desenvolver un oficio ligado ao mar e á artesanía.
Comeza o vindeiro luns 16 de decembro e remata o 21 de febreiro de 2020.