Actualidade

AXUDAS PARA AUTÓNOMOS/AS DA XUNTA DE GALICIA 2025

Publicadas no DOG axudas para autónomos/as da Xunta de Galicia:

ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R).

ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR349F).