"Masterclass en trámites on line"
A Asociación de Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo - BUMEI en colaboración co Concello de Sada vai impartir un obradoiro de "Masterclass en trámites on line" o vindeiro mércores 24 de maio en dúas franxas horarias:
- De 10:00-13:00 h., na Casa da Cultura Pintor Lloréns, Avda. do Porto, s/n
- De 16:30-19.30 h., na Aula CeMIT, Praza da Pescadería s/n.
Programa "VIVES EMPREGA SAUDABLE SADA"
O Concello de Sada pon en marcha en colaboración coa Fundación Acción contra a Fame o programa "Vives Emprega Saudable Sada competencias para o emprego para mulleres en risco de exclusión social" para mellorar a empregabilidade e a volta ao mercado laboral de mulleres en situación de desemprego neste 2023.
É un programa de inserción sociolaboral cun itinerario de inclusión sociolaboral de 6 meses de duración que busca promover a adquisición de habilidades sociais, competencias básicas para o emprego e mellora dos hábitos de vida e nutrición de 25 mulleres desempregadas en situación ou risco de exclusión social de Sada e a súa área territorial de influencia.
PROGRAMA MULLERES DIXITAIS: COMPETENCIAS BÁSICAS PARA O EMPRENDEMENTO
Cursos en competencias dixitais básicas, avanzadas e emprendemento para mulleres inscritas na oficiña de Emprego Xunta, tanto desempregadas como en mellora de emprego. Ao rematar a formación satisfactoriamente, cada muller obterá unha tablet.
Inicio de competencias básica para o emprendemento o 23 de febreiro cunha duración de 45 h. finaliza o 10 de marzo de 2023.
Horario de mañá de 9:30 a 13:30 h. ou de tarde de 16:30 a 20:30 h.
Obradoiro dual de emprego "RESERVA DA BIOSFERA: EMPREGO VERDE II"
A data de inicio prevista do programa de formación e emprego é o 3 de outubro de 2022 e posibilitará a contratación durante un ano de 26 persoas, 20 para as prazas de alumnado-traballador e 6 para as prazas de persoal directivo, docente e de apoio.
VANTAXES DE TRABALLAR NUN BARCO DE CERCO. POSTOS
Continuando coa colaboración da concellería de promoción económica, emprego e turismo do Concello de Sada na divulgación da iniciativa “Rede de Promoción do Emprego no Cerco” de ACERGA, como parte do seu Plan Estratéxico, comunicamos as vantaxes que ten traballar nun barco de cerco así como os postos nos que pode acadar un traballo
Vantaxes:
• Traballo de luns a venres
• Conciliación familiar e persoal
• Emprego estable
• Empresas familiares
• Sector tradicional
• Actividade sostible medioambientalmente
• Suministro de alimentos saudables
PROXECTO RELEVO2
O proxecto de colaboración RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por varios Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), entre eles o GALP GOLFO ÁRTABRO SUR do que o Concello de Sada forma parte.
Dirixido a persoas de 16 anos ou máis, busca a substitución xeracional no sector pesqueiro a través da capacitación e mellor coñecemento dos recursos dos territorios.
Non é necesario ter experiencia previa no sector pesqueiro nin estar en posesión de ningunha titulación relacionada con el.
Se é unha desas persoas que queren empezar a traballar no sector pesqueiro (pesca, marisqueo ou acuicultura), ou traballas e queres tratar de diversificar para ter máis ingresos, ou tes estudos e buscas emprender con algo relacionado co sector (turismo mariñeiro, científico, pesca turismo, etc), ou queres montar unha asociación, inscríbete no programa Relevo.
A metodoloxía será totalmente práctica e contarás con titorías individualizadas nas que, segundo os intereses, circunstancias e formación de cada persoa, axudarémosche a encamiñarche, sempre con vinculación ao sector pesqueiro e co obxectivo de que coñezas os recursos do teu territorio, para iso realizaranse encontros con persoas do sector e contactarás co alumnado doutros territorios.
Os GALP teñen unha convocatoria de axudas aberta ata o día 1 de marzo de maneira que aos da primeira edición, se lles interesa, podemos axudarlles tamén na preparación da documentación.
Máis información e inscrición no seguinte ENLACE