Actualidade

Viveiro formativo de emprendemento "Feito co mar"

Feito co Mar é unha iniciativa de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e está cofinanciado pola UE e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Os GALP participantes son: GALP Golfo Ártabro Norte (grupo coordinador), GALP Golfo Ártabro Sur, GALP A Mariña Ortegal, GALP Costa da Morte, GALP Costa Sostible, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Pontevedra.

HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O EMPRENDEMENTO

A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) colabora coa Fundación Mujeres na organización do itinerario formativo para a creación de empresas, con un curso de habilidades e competencias para o emprendemento, dirigido a mulleres cunha idea de negocio.

Se queres asistir ao módulo de Educación Financeira (Sesións do 14, 15, 21 e 22 de xullo, de 9:30 a 13:30 h.) so tés que inscribirte.