ITINERARIO DE SEGURIDADE E MEDIO AMBIENTE

ITINERARIO DE SEGURIDADE E MEDIO AMBIENTE

No marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das dúas edicións da acción formativa do Itinerario de SEGURIDADE E MEDIO AMBIENTE que inclúe 60 horas de Prevención de Riscos Laborais como formación complementaria ao programa a impartir de:

LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria:

Zona Norte: Cerceda

Zona sur: Muros

Información completa neste documento que conten tamén como anexos a solicitude e listado de documentación necesaria.

A data de inicio prevista é o 5 de abril.

A xornada formativa obrigatoria, a desenvolver preferentemente en horario de mañá, contempla as horas de formación propias do programa do certificado de profesionalidade de Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais, xunto coas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

O prazo para o realizar as inscricións péchase o 2 de abril de 2021 ás 11 h.

Tendes acceso a mais información sobre o proxecto EIXO na páxina do Plan de Emprego Local

Compartir