Difusión Selección Ideas Emprendedoras Preincubadora Empreamar Sada

Difusión Selección Ideas Emprendedoras Preincubadora Empreamar Sada

Dende o Concello de Sada e con motivo do inicio da fase de Preincubación do Programa EMPREAMAR (Programa de Emprendemento Mariño en SADA) financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar) comunícase a selección das 12 ideas emprendedoras que participarán na fase de Preincubación.

O obxectivo do Programa é contribuír   ao   desenvolvemento   social, económico e ambiental do Concello de Sada e a súa área de influencia, de forma sostible e a través da creación dun ecosistema de emprendemento viable e inclusivo, buscando a xeración de   riqueza   nas   áreas   costeiras,  mediante   a   posta   en   marcha   de   negocios   sustentables   e rendibles relacionadas co medio mariño e marítimo.  

 

A fase de preincubación ofrecerá ás persoas emprendedoras seleccionadas a titorización e mentoring do seu proxecto en base a unha metodoloxía práctica e personalizada, profundizando no reforzo técnico e emocional-motivacional para a elaboración dun Plan de Negocio que permita poñer en marcha as iniciativas emprendedoras.

Comunicación Twitter: https://twitter.com/EmpreamarS/status/1367016462225989637?s=20

Compartir