Curso de seguridade en prantas petroquímicas

Curso de seguridade en prantas petroquímicas

 

A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) organiza esta acción formativa: SEGURIDADE EN PRANTAS PETROQUÍMICAS de 12 h. Homologado por Repsol.

 

DIRIXIDO: á persoas que pola súa profesión ou interese poidan entrar na refinería de Repsol a traballar a través dunha das subcontratas que operan nela.

 

OBXECTIVO: Coñecer requisitos de formación en prevención de riscos laborais que debe cumprir o persoal das empresas subcontratistas de Repsol para acceder ao complexo industrial e desenvolver os traballos contratados. Esto inclúe: os riscos e medidas preventivas establecidas nas instalación, as normas e protocolos de PRL necesarios, así como o plan de emerxencia ante posibles accidentes.

 

A formación ten unha parte teórica e outra práctica para o aprendizaxe de manexo de equipos de respiración e manexo de extintores e outras medidas contraincendios.

 

A formación teórica realizarase os días 20 e 21 de abril no Salón de plenos do Concello de Sada (Avda. do Porto, 24), mentres que a formación práctica desenvolverase o día 20 pola tarde no Polígono de Sabón. Haberá bus de ida e volta para o transporte do alumnado.

 

Imparte: Galica, SL

 

Para inscribirse ao curso pode cubrir o seguinte formulario ou chamar ao teléfono 620 765 150

 

Prazo de inscrición ata o 15 de abril ás 12:00 h. GRATUITO

 

Compartir