Curso “Confección e mantemento de artes e aparellos”
Esta acción formativa que se está a programar dende o Concello de Sada financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar, terá lugar a finais de 2019 e comezos de 2020, de luns a venres de 14:30 a 22:30 h. cunha duración de 330 h. que permitirá ao alumnado adquirir as competencias necesarias para poder desenvolver un oficio ligado ao mar e á artesanía.
Para acceder a este curso, debe cumprir algún dos requisitos requiridos para a formación conducente aos Certificados de Profesionalidade de nivel 2:
1. Estar en posesión do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria.
2. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder
3. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional
4. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
5. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.
6. Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Estarán exentas da realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no ficheiro de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.
Se lle interesa inscríbase no seguinte enlace: https://forms.gle/4W1tiqkTdrTMmCTa6 ou por WhatsApp nos teléfonos 671 485 863/ 620 765 150