Xornada presentación Programa EMPREAMAR SADA

Xornada presentación Programa EMPREAMAR SADA

O Concello de Sada está a por en marcha o Programa de emprendemento mariño EMPREAMAR financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar.

Para presentar o programa, os estudios realizados de diagnose e recomendacións sobre o ecosistema do emprendemento e de identificación de oportunidades de negocio así como para informar das accións a realizar nos vindeiros meses (plan formativo e preincubadora para proxectos de emprendemento), vaise realizar unha xornada o vindeiro xoves 30 de xaneiro de 11:00 a 13:00 h. na Lonxa do Porto de Sada e que conta coa colaboración de distintas entidades públicas e privadas como o Campus do Mar, a Reserva da Biosfera Mariñas-Betanzos, a Cofradía de Pescadores de Sada, Asociación Raíña Paraíso, o Club Náutico de Sada e Portomuiños, entre outros.

Dirixido a persoas que teñan a idea de emprender unha actividade empresarial no ámbito mariño, pretende apoiar a éstas na fase de estudo, maduración e planificación da idea.

EMPREAMAR é un programa formativo para o fomento do emprendemento orientado ao aproveitamento sostible dos recursos mariños materiais e inmateriais endóxenos do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, especificamente no entorno do Concello de Sada.

O programa brinda unha excelente oportunidade para avanzar cara un desenvolvemento sostible e social medioambiental. É un modelo no que a administración pública, as universidades, o sector privado e a sociedade civil traballan en conxunto en pro do desenvolvemento social, económico e medioambiental do territorio.

Ten como obxectivo a xeración de riqueza nas áreas costeiras, a través da posta en marcha de negocios sustentables e rendibles. A promoción do emprendemento faise en base ao aproveitamento dos recursos naturais mariño-costeiros.

Ten como aspectos diferenciais respecto doutros, os seguintes:

-   Implementación dun programa de reforzo de capacidades a decuado ás necesidades e demandas do territorio.

-   Programa de transferencia no que se apoia ás persoas emprendedoras a identificar ideas de negocio e a analizar a viabilidade do produto desde unha perspectiva científico-técnica e sempre adaptada ao territorio.

O carácter do Programa Empreamar é eminentemente formativo, implementado a través de accións de formación e acompañamento continuo ó/á emprendedor/a.

Se quere participar pode realizar a súa pre-inscrición no seguinte enlace: https://forms.gle/dXXhzobpyAyrv3dj6

Para máis información da acción formativa ou do proceso de inscrición e participación na mesma, pode dirixirse á AEDL do Concello de Sada, enviar un correo electrónico ao enderezo aedl@sada.gal; ou chamar aos teléfonos n.º 881 929 057 / 620 765 150

Pode descargar o Tríptico informativo

Compartir