Formación presencial e aula aberta en CeMIT Sada
A aula de referencia CeMIT Sada forma parte da Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) de Galicia orientada á divulgación, alfabetización dixital e formación tecnolóxica gratuíta destinada a mellorar as competencias dixitais de toda a ciudadanía e aula abierta.
INSCRICIÓN PROBAS LIBRES PRESENCIAIS PARA A OBTENCIÓN DO COMDIX Nivel intermedio e iniciación
Exame de COMDIX nivel intermedio e iniciación na aula CeMIT de Sada no segundo semestre de 2026
Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, 370 h.
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) organiza no marco do Plan de Formación Municipal para o Emprego (FORME) un curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, de 370 h. de duración, na modalidade de teleformación, para realizar a acreditación das competencias profesionais de cara a súa inserción ou mellora laboral neste sector.
INTRODUCIÓN Á XESTIÓN ADMINISTRATIVA E FINANCEIRA DIXITAL +45
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) colabora coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña na organización de formación dentro do Programa de emprego 45+, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Traballo e Economía Social e Cámaras de Comercio de España e da Coruña.
Uso seguro do móbil: configuración e protección
A aula CeMIT de Sada, vai albergar o vindeiro xoves 14 de maio unha charla dedicada á ciberseguridade, ou sexa, ás metodoloxías e recursos que podemos aplicar no noso día a día para garantir a protección da nosa información (e da allea) e das nosas comunicacións.
A sesión, titulada Ciberseguridade os teus primeiros pasos, desenvolverase en horario de 18:00 a 19:30 horas e é de carácter gratuíto.
CURSO PARA PROFESIONAIS DO FOGAR
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza unha acción formativa dirixida á capacitación profesional no ámbito do fogar e dos coidados.
Esta formación ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes, ofrecendo unha preparación práctica e adaptada ás necesidades reais das familias, tanto no coidado do fogar como na atención a persoas maiores e infancia.






