Actualidade

Programa EXPERTCLIK

No marco do convenio de colaboración suscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios  para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nível persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas organizacións.

A Concellería de educación, xuventude, emprego e desenvolvemento do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora na organización de Expertclick na aula Cemit, un programa realizado por Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca (AEB), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

PROGRAMA MULLERES DIXITAIS

Cursos en competencias dixitais básicas, avanzadas e emprendemento para mulleres inscritas na oficiña de Emprego Xunta, tanto desempregadas como en mellora de emprego. Ao rematar a formación satisfactoriamente, cada muller obterá unha tablet.

Inicio de curso de competencias dixitais avanzadas o 25 de novembro

Horario de mañá de 9:30 a 13:30 h. ou de tarde de 16:30 a 20:30 h. na Aula Cemit

PROGRAMA MULLERES DIXITAIS

Cursos en competencias dixitais básicas, avanzadas e emprendemento para mulleres inscritas na oficiña de Emprego Xunta, tanto desempregadas como en mellora de emprego. Ao rematar a formación satisfactoriamente, cada muller obterá unha tablet.

Inicio de accións o 7 de novembro

Horario de mañá de 9:30 a 13:30 h ou de tarde de 16:30 a 20:30 h

CURSO INGLÉS NIVEL A1/A2 ORIENTADO Á BÚSQUEDA DE EMPREGO PARA 45+

A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña ORGANIZA formación dentro do Programa de emprego 45+, que é unha iniciativa das cámaras de comercio desenvolvida no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación 2014-2020 (POEFE) cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

PICE. Auxiliar de almacén e manexo de carretilla elevadora e PEMP (plataformas elevadoras móbiles de persoal)

A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña ORGANIZA formación dentro do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de 215 horas, cofinanciado por Fondo Social Europeo, Ministerio de Trabajo y Economía Social e Cámaras de Comercio.