Actualidade

PICE XESTIÓN DE ALMACÉN E MANEXO DE CARRETILLAS ELEVADORAS de 210 h.

A Cámara de Comercio, Industria, Servicios e Navegación da Coruña ORGANIZA dentro do Programa Talento Xoven en colaboración coa Concellaría de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) formación de XESTIÓN DE ALMACÉN E MANEXO DE CARRETILLAS ELEVADORAS de 210 h. cofinanciado por Fondo Social Europeo, Ministerio de Traballo e Economía Social e Cámaras de Comercio.

 

PROGRAMA EFECTO EMPREGA SADA

O Concello de Sada en colaboración coa Fundación Acción Contra a Fame está a realizar a captación de participantes para o programa Efecto Emprega Sada que se desenvove no segundo semestre de 2026, co obxectivo xeral de mellorar as posibilidades de inserción sociolaboral das persoas en risco de exclusión participantes xerando condicións para que desenvolvan o seu talento e iniciativa e poidan acceder ao mercado de traballo ou mellorar o seu posicionamento no mesmo. 

CHARLA DE FINANZAS PARA MORTAIS

Gustaríache aprender a xestionar mellor o teu diñeiro, evitar erros financeiros e protexer os teus aforros fronte a posibles fraudes?

Invitámoste a participar na charla “Finanzas para Mortais”, na que colabora a Concellaría de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), que é un recoñecido proxecto de educación financeira que conta co apoio e mecenado de Banco Santander. A formación é impartida por un voluntario do Banco Santander, co obxectivo de achegar os coñecementos económicos e financeiros básicos á cidadanía.

XORNADA PESCA SAÚDE

O Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Sada colabora na organización da xornada que se enmarca no Proxecto Pesca Saúde, impulsado polo GALP Golfo Ártabro Sur en cooperación con outros Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro de Galicia e financiado polo FEMPA e a Consellería do Mar.

Obxectivo: divulgar, de maneira clara e rigorosa, os beneficios do consumo de peixe, marisco e outras especies mariñas de proximidade en diferentes ámbitos da saúde, desmontando mitos e achegando evidencias científicas actualizadas.

Modalidade Presencial.