XORNADA DE PRESENTACIÓN DE RESULTADOS DO PROGRAMA EMPREAMAR
Difusión Selección Ideas Emprendedoras Preincubadora Empreamar Sada
Dende o Concello de Sada e con motivo do inicio da fase de Preincubación do Programa EMPREAMAR (Programa de Emprendemento Mariño en SADA) financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar) comunícase a selección das 12 ideas emprendedoras seleccionadas que participarán na fase de Preincubación.
PREINCUBADORA EMPREAMAR SADA
O Concello de Sada está a por en marcha a partires deste mércores 27 de xaneiro a fase de preincubación de ideas de negocio dentro do programa EMPREAMAR, (Programa de emprendemento mariño en SADA) financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento social, económico e ambiental do Concello de Sada e a súa área de influencia, de forma sostible e a través da creación dun ecosistema de emprendemento viable e inclusivo, buscando a xeración de riqueza nas áreas costeiras, mediante a posta en marcha de negocios sustentables e rendibles relacionadas co medio mariño e marítimo.
Estudo-diagnóstico e recomendacións sobre o ecosistema de emprendemento de Sada
Estudo-diagnóstico e recomendacións sobre o ecosistema de emprendemento de Sada, enfocado ao aproveitamento dos recursos mariños.