Actualidade

Sesión grupal: Infórmate: Orientación laboral para persoas procedentes dun país estranxeiro

💡 Acabas de chegar a Galicia ou queres coñecer mellor os recursos dispoñibles para impulsar a túa inserción laboral? Esta sesión é para ti 👇

As sesións grupais do Servizo Público de Emprego de Galicia son encontros informativos e de orientación laboral organizados pola Xunta de Galicia que poden tratar sobre diferentes oportunidades de emprego, formación ou servizos de busca de traballo, como as bolsas FEUGA ou a Oficina Virtual de Emprego. Para participar, debes ser demandante de emprego, estar en situación de alta no SPEG e, dependendo da sesión, cumprir uns requisitos específicos.

📅 O vindeiro 25 de setembro ás 12:00 h, as oficinas de emprego de Coruña Tornos, Coruña Centro, Coruña Monelos impartirán unha sesión grupal presencial para dar a coñecer os recursos e servizos que poden axudarche no teu proceso de integración e procura de emprego.


🎯 Durante a sesión descubrirás recursos para a procura de emprego, oportunidades de formación, acreditacións profesionais e outras ferramentas útiles para avanzar no teu proxecto profesional en Galicia.

👉 Infórmate e reserva a túa praza

SESIÓN GRUPAL: EMPRÉGATE: O SECTOR NAVAL

As sesións grupais do Servizo Público de Emprego de Galicia son encontros informativos e de orientación laboral organizados pola Xunta de Galicia que poden tratar sobre diferentes oportunidades de emprego, formación ou servizos de busca de traballo, como as bolsas FEUGA ou a Oficina Virtual de Emprego. Para participar, debes ser demandante de emprego, estar en situación de alta no SPEG e, dependendo da sesión, cumprir uns requisitos específicos.

O día 3 de decembro ás 12:00 horas Vigo Ship Repair informaranos das necesidades de contratación que existen no sector naval e dos perfís profesionais máis demandados a través de sesión online