Actualidade

VANTAXES DE TRABALLAR NUN BARCO DE CERCO. POSTOS

Continuando coa colaboración da concellería de promoción económica, emprego e turismo do Concello de Sada na divulgación da iniciativa “Rede de Promoción do Emprego no Cerco” de ACERGA, como parte do seu Plan Estratéxico, comunicamos as vantaxes que ten traballar nun barco de cerco así como os postos nos que pode acadar un traballo

 

Vantaxes:

        Traballo de luns a venres

        Conciliación familiar e persoal

        Emprego estable

        Empresas familiares

        Sector tradicional

        Actividade sostible medioambientalmente

        Suministro de alimentos saudables

Rede de promoción do emprego no sector do cerco

A Concellería de promoción económica, emprego e turismo do Concello de Sada asinou o 24 de maio un convenio de promoción de emprego coa Asociación de Armadores de Cerco de Galicia, ACERGA, co obxecto de participar na iniciativa "Rede de Promoción do emprego no Cerco" que permita poñer en valor o oficio no sector do cerco entre a poboación para dar resposta á falta de substitución xeracional.

Enquisa Plan de Formación Sada 2021-2024

Desde o Concello de Sada somos conscientes da necesidade de facilitar ferramentas formativas para a poboación do municipio. 

Os cursos de emprego ofertados pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Sada teñen como finalidade a inserción laboral a través de formación práctica e personalizada dirixida fundamentalmente ás personas demandantes de emprego do Concello de Sada.

De cara a organizar a programación dos cursos deste ano 2021 compartimos esta enquisa para recoller propostas e detectar demandas para poder plantexar un Plan Formativo útil e adaptado as necesidades da poboación local.

Enquisa Plan de Formación 2021

PREINCUBADORA EMPREAMAR SADA

O Concello de Sada está a por en marcha a partires deste mércores 27 de xaneiro a fase de preincubación de ideas de negocio dentro do programa EMPREAMAR, (Programa de emprendemento mariño en SADA) financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar co obxectivo de  contribuír   ao   desenvolvemento   social, económico e ambiental do Concello de Sada e a súa área de influencia, de forma sostible e a través da creación dun ecosistema de emprendemento viable e inclusivo, buscando a xeración de   riqueza   nas   áreas   costeiras,  mediante   a   posta   en   marcha   de   negocios   sustentables   e rendibles relacionadas co medio mariño e marítimo.