Campamento dixital no Nadal
O Concello impulsa un Campamento Dixital único, pensado para que os máis pequenos aprendan, creen e se divirtan mentres as familias gañan en conciliación.
👧🧒 Para quen? Nenos e nenas de 7 a 12 anos
🏫 Modalidade: Actividade presencial
💸 Custo: Totalmente GRATIS!
Neste campamento, a rapazada mergullarase no mundo dixital a través de obradoiros prácticos e dinámicos pensados para desenvolver as súas competencias tecnolóxicas dun xeito seguro e saudable.
Terá lugar na aula CeMIT de Sada de 9:30 a 13:30 h. os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro de 2025, 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026.
SESIÓN GRUPAL: EMPRÉGATE: O SECTOR NAVAL
As sesións grupais do Servizo Público de Emprego de Galicia son encontros informativos e de orientación laboral organizados pola Xunta de Galicia que poden tratar sobre diferentes oportunidades de emprego, formación ou servizos de busca de traballo, como as bolsas FEUGA ou a Oficina Virtual de Emprego. Para participar, debes ser demandante de emprego, estar en situación de alta no SPEG e, dependendo da sesión, cumprir uns requisitos específicos.
O día 3 de decembro ás 12:00 horas Vigo Ship Repair informaranos das necesidades de contratación que existen no sector naval e dos perfís profesionais máis demandados a través de sesión online
ARRAIGO SOCIOFORMATIVO
Coñece o arraigo socioformativo: autorización deseñada para promover a integración social e profesional!
FORMACIÓN INTEGRAL PRL E MANEXO DE CARRETILLA ELEVADORA +45
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) colabora coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña na organización de formación dentro do Programa de emprego 45+, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Traballo e Economía Social e Cámaras de Comercio de España e da Coruña.
OBRADOIRO: CÓMO CREAR A MIÑA PROPIA EMPRESA. O MÉTODO (Do It Yourself)
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña ORGANIZA o obradoiro: Como crear a miña propia empresa. O método DIY (Do It Yourself).
SESIÓN GRUPAL: INFÓRMATE: Selección de persoal temporal na Empresa Pública SEAGA
O día 20 de outubro ás 12:00 horas impartirase unha sesión informativa sobre os perfís mais demandados no sistema de listas previas para a selección de persoal temporal na Empresa Pública SEAGA.






