XORNADA PESCA SAÚDE
O Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Sada colabora na organización da xornada que se enmarca no Proxecto Pesca Saúde, impulsado polo GALP Golfo Ártabro Sur en cooperación con outros Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro de Galicia e financiado polo FEMPA e a Consellería do Mar.
Obxectivo: divulgar, de maneira clara e rigorosa, os beneficios do consumo de peixe, marisco e outras especies mariñas de proximidade en diferentes ámbitos da saúde, desmontando mitos e achegando evidencias científicas actualizadas.
Modalidade Presencial.
Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, 370 h.
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) organiza no marco do Plan de Formación Municipal para o Emprego (FORME) un curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, de 370 h. de duración, na modalidade de teleformación, para realizar a acreditación das competencias profesionais de cara a súa inserción ou mellora laboral neste sector.
COMO USAR AS REDES SOCIAIS PARA CONSEGUIR CLIENTES
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL), colabora co Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Ferrol na organización do obradoiro práctico de cómo utilizar as redes sociais para gañar clientes.
PROBAS LIBRES PRESENCIAIS PARA A OBTENCIÓN DO COMDIX – INICIACIÓN - edición Xuño 2026
Exame de COMDIX na aula CeMIT de Sada o mércores 17 de xuño
INTRODUCIÓN Á XESTIÓN ADMINISTRATIVA E FINANCEIRA DIXITAL +45
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) colabora coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña na organización de formación dentro do Programa de emprego 45+, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Traballo e Economía Social e Cámaras de Comercio de España e da Coruña.
Uso seguro do móbil: configuración e protección
A aula CeMIT de Sada, vai albergar o vindeiro xoves 14 de maio unha charla dedicada á ciberseguridade, ou sexa, ás metodoloxías e recursos que podemos aplicar no noso día a día para garantir a protección da nosa información (e da allea) e das nosas comunicacións.
A sesión, titulada Ciberseguridade os teus primeiros pasos, desenvolverase en horario de 18:00 a 19:30 horas e é de carácter gratuíto.






