CURSO PARA PROFESIONAIS DO FOGAR
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza unha acción formativa dirixida á capacitación profesional no ámbito do fogar e dos coidados.
Esta formación ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes, ofrecendo unha preparación práctica e adaptada ás necesidades reais das familias, tanto no coidado do fogar como na atención a persoas maiores e infancia.
PROBAS LIBRES PRESENCIAIS PARA A OBTENCIÓN DO COMDIX -edición abril (2/2026)-
Examen de COMDIX nivel intermedio na aula CeMIT de Sada o mércores 29 de abril ás 10:00 ou ás 12:00 h.
Píldora formativa IA aplicada ao Comercio de Sada
O Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Sada colabora na organización da pílula formativa IA aplicada ao sector comercial de Sada - persoas autónomas e persoal- entre 18 e 65 anos.
Obxectivo: Mellorar competencias dixitais, empoderarse no uso cotián da tecnoloxía.
Modalidade Presencial. Pílula formativa de 7,5 horas.
Charla Inscrición nas Listas de contratación da Xunta de Galicia
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL), organiza a Sesión informativa “Inscrición nas listas de contratación da Xunta de Galicia”.
OBRADOIRO: CÓMO CREAR A MIÑA PROPIA EMPRESA. O MÉTODO (Do It Yourself)
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña ORGANIZA o obradoiro: Como crear a miña propia empresa. O método DIY (Do It Yourself).
FORMACIÓN INTEGRAL PRL E MANEXO DE CARRETILLA ELEVADORA +45
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) colabora coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña na organización de formación dentro do Programa de emprego 45+, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Traballo e Economía Social e Cámaras de Comercio de España e da Coruña.





