Actualidade

OBRADOIRO EXPERTCLICK PARA PERSOAS MAIORES + 55

No marco do convenio de colaboración suscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios  para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nível persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas organizacións.

A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora na organización de Expertclick na aula CeMIT, un programa realizado por Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca (AEB), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

Obradoiro: ConTICgo Migrantes

A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora coa Fundación Cibervoluntarios, co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, e do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, na organización do obradoiro:

ConTICgo Migrantes: Competencias TIC para a igualdade de trato de personas migrantes no entorno dixital