PROGRAMA INICIATIC: ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora coa Fundación Cibervoluntarios na organización de distintas accións formativas no marco do proxecto IniciaTIC na aula CeMIT:
- Administración electrónica I y II
Programa efecto emprega Sada: Curso de limpeza de oficinas
É unha formación dentro do programa de Efecto Emprega Sada.
Dirixido a persoas desempregadas con permiso de traballo entre 18 e 65 anos.
PROGRAMA INICIATIC: FERRAMENTAS DE XESTION E COMUNICACION E MARKETING DIXITAL
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora coa Fundación Cibervoluntarios na organización de distintas accións formativas no marco do proxecto IniciaTIC na aula CeMIT:
- Ferramentas de Xestión e Comunicación
- Marketing Dixital
Campaña informativa INFOCONSUMO
O Concello de Sada colabora co Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC) na campaña informativa INFOCONSUMO.
O obxectivo é achegar á poboación sadense, como persoas consumidoras e usuarias de produtos e servizos de todo tipo, información e asesoramento en materia de consumo, para dar a coñecer os seus dereitos, e reducir así os riscos de vulnerabilidade, fomentando un consumo máis responsable, consciente e sustentable.
A metodoloxía que empregaremos será de carácter participativo, para poder analizar e escoitar casos reais que suceden na nosa vida cotiá como persoas consumidoras en base aos conflitos que poidan xurdir no momento da compra dun ben ou un servizo.
BOLETÍN DE EMPREGO DO 23 AO 30 DE AGOSTO DE 2023
Acceda ao Boletín de Emprego da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) do Concello de Sada.
A devandita información obtívose a través de diversas fontes e a responsabilidade da mesma é de quen a emite.
PROGRAMA MULLERES DIXITAIS
Cursos en competencias dixitais básicas, avanzadas e emprendemento para mulleres inscritas na oficiña de Emprego Xunta, tanto desempregadas como en mellora de emprego. Ao rematar a formación satisfactoriamente, cada muller obterá unha tablet.
Inicio de curso de competencias dixitais avanzadas o 25 de novembro
Horario de mañá de 9:30 a 13:30 h. ou de tarde de 16:30 a 20:30 h. na Aula Cemit






