CURSOS DE SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO

CURSOS DE SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO

No marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña está previsto, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático.

DATAS:

- SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS AFDP0209_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica). Inicio en febreiro 2021

-  SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS AFDP0109_ 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica). Inicio en setembro 2021

 

LUGAR:

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia.

 

REQUISITOS XERAIS

·         Estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego

·         Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.

·         Estar empadroado/a no Concello de Sada

 

REQUISITOS ESPECÍFICOS:

        Estar en posesión dos títulos (ESO) ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.

        Estar en boas condicións físicas: carencia de afeccións crónicas e enfermidades infecto contaxiosas. Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, etc

 

PROBAS:

No caso de que as solicitudes superen ao número de prazas realizarase unha proba de natación.

 

AXUDAS DE ASISTENCIA

A Deputación da Coruña ten prevista a concesión dunha compensación económica ao alumnado.

As persoas interesadas deben dirixirse a Axencia de emprego e desenvolvemento local do Concello de Sada para realizar a súa inscrición. O prazo remata o 2 de FEBREIRO.

Documentación:

SOCORRISMO ACUATICO_PROGRAMA

SOCORRISMO_REQUISITOS ALUMNADO_PROCESO SELECCION

Check List_Documentación Solicitude_SOCORRISMO

Formulario Inscricion_SOCORRISMO

Compartir