PROGRAMA "VIVES EMPREGA SADA"

PROGRAMA "VIVES EMPREGA SADA"

O Concello de Sada está a por en marcha en colaboración coa Fundación Acción contra el Hambre  o programa "Vives Emprega Sada",  que é a estratexia de Inclusión Social a través da empregabilidade e o emprendemento, que Acción Contra el Hambre desenvolve a nivel Estatal.

 

O obxectivo desta estratexia é facilitar o acceso ao mercado laboral a persoas en risco de exclusión a través de: Emprego por conta allea, autoemprego e outras formas de economía social.

 

Requisitos: persoas desempregadas do Concello de Sada, contar cun nivel de lectoescritura básico e presentar algún rasgo de vulnerabilidade do FSE.

 

Persoas destinatarias: mozos e mozas desempregadas, persoas desempregadas de longa duración, inmigrantes, persoas con fillos e fillas a cargo, etc.

 

Prazas: 25

Duración: de xuño ata o 30 de outubro, 5 meses

Prazo para realizar a inscrición: ata o 3 de xuño ás 14:00 h.

 

Inscricióncubrindo o seguinte cuestionario 

Compartir