Curso para preparar as probas de competencias clave

Curso para preparar as probas de competencias clave

Calquera persoa que non teña o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou estudios homologados dese nivel é candidata a preparar as competencias clave xa que lle abrirán as portas para acceder á formación ocupacional e aos obradoiros de emprego, en concreto aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

Máis información na web na que podes consultar as exencións e validacións das probas.

As competencias clave necesarias para acceder a todos os certificados dos niveis 2 e 3 de cualificación son:

- competencia matemática

- comunicación en lingua galega

- comunicación en lingua castelá

-A competencia en comunicación en lingua estranxeira requirirase para ter acceso aos certificados de profesionalidade que teñan recoñecido un módulo de idioma estranxeiro no seu programa, xa sexa de nivel 2 ou 3 de cualificación.

Por este motivo, a Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza o curso para preparar o exame de competencias clave.

Datas: abril (martes e xoves) maio e xuño (martes, mércores e xoves)

Horario: de 10:00 a 13:00 h.

Lugar: Concello de Sada

Para inscribirse ao curso de preparación pode cubrir o seguinte formulario ou chamar ao teléfono 620 765 150

Prazo de inscrición ao curso ata o luns 5 de abril ás 12:00 h.

Realizarase unha sesión informativa o martes 6 de abril ás 10:00 h.

 

Para anotarse a dito curso, será IMPRESCINDIBLE estar inscrito/a ás probas de avaliación de competencias clave para o 2021 convocadas pola Consellería de Emprego e Igualdade neste enlace

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 7 de abril de 2021.

Se contas co Certificado Dixital ou coa CHAVE365 podes facer a inscrición electrónica.

Se non:1.– Cubre a solicitude, imprímea e asínaa.

          2.– Entrégaa en calquera Rexistro (no do Concello por exemplo). Só teras que engadir documentación no caso de que a túa documentación acreditativa sexa o Pasaporte, así como se, es persoa con discapacidade e solicitas adaptación para a realización das probas.

Data das probas: prevese que teñan lugar a finais do mes de xuño sempre atendendo as recomendacións que as autoridades sanitarias establezan.

 

Compartir