Proxecto IniciaTIC

Proxecto IniciaTIC

A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Fundación  Cibervoluntarios con quen asinou o Concello de Sada un convenio de colaboración,  organiza o proxecto IniciaTIC.

Este programa está dirixido a apoiar e impulsar a dixitalización para mellorar a competitividade das persoas autónomas, emprendedoras e axentes promotores da economía social.

Durante a pandemia, só un 7% das persoas autónomas e PEMES puideron usar o comercio electrónico como alternativa para manter a súa actividade.

Os  obradoiros son dun día só e hai distintos niveis, a modo de resumo:

• Comercio electrónico: 8 e 9 de 8:00-9:30  am

• Administración electrónica: 10 e 18 de 8:00-9:30  am

• Marketing Dixital: 15, 16 e 17 de 8:00-9:30  am

• Ferramentas de comunicación e xestión: 22, 23 e 24 de 15:00-16:30  h.

• Ciberseguridad: 29 de 15:00-16:30  h.

• Big Data: 30 de 15:00-16:30  h

Para inscribirse aos obradoiros pode cubrir este FORMULARIO  ou chamar ao teléfono 620 765 150

GRATUITO

 

Compartir