Curso gratuito de Operario/a polivalente de tratamento de cefalópodos.

Curso gratuito de Operario/a polivalente de tratamento de cefalópodos.

VIVES EN SADA, ESTÁS EN DESEMPREGO E QUERES TRABALLAR NA TÚA LOCALIDADE SEN TER QUE DESPRAZARTE?

O Concello de Sada date a oportunidade de facer un curso práctico de só 7 días de duración e ao finalizalo poder conseguir un contrato de traballo.

A finalidade desta acción formativa é que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para a realización de operacións específicas de recepción, almacenamento, expendeduría, preparación e elaboración de moluscos (sepia e gambón) e produtos derivados, de acordo á normativa técnico sanitaria vixente e aos sistemas de xestión. medioambiental, calidade, seguridade e saúde laboral.

Conta cunha duración de 40 horas (4 h. teóricas e 36 h. de prácticas en empresa), co seguinte cronograma, de luns a venres:

- Parte teoría: 12/07/19 de 9:30 h. a 13:30 h.

- Parte práctica, 2 turnos de 6 h./día:

    *Grupo I: do 15/07/19 - 24/07/19

    *Grupo II: do 29/07/19-07/08/19

Nº de prazas: 20

Requisitos: preferentemente estar empadroado/a en Sada, ter permiso de traballo e dispoñibilidade horaria.

Xornada divulgativa: 11 de xullo ás 10:00 h. na Praza da Pescaderia, s/n.

Prazo de inscrición: ata o mércores 10 de xuño ás 20:00 h.

Inscrición cubrindo este cuestionario  

Imparte: Fundación Equipo Humano, SL

Para máis información da acción formativa ou do proceso de inscrición e participación na mesma, pode dirixirse á AEDL, enviar un correo electrónico ao enderezo aedl@sada.gal; ou chamar aos teléfonos n.º 881 929 057; 687 676 854 / 620 765 150

 

O curso é GRATUÍTO

Compartir