Transporte gratuito en autobús para ir ao exame de competencias clave o 26 de xuño a Silleda

Transporte gratuito en autobús para ir ao exame de competencias clave o 26 de xuño a Silleda

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza a viaxe para a realización do exame de competencias clave que terá lugar en Silleda.

Data: 26 de xuño de 2021

Saída: ás 7:00 h. na parada de autobús do Concello, Avda. da Mariña, 25

Retorno: ao rematar o exame pola tarde (en torno ás 21:00 h. chegarase a Sada)

Requisitos: inscrito/a ao examen

Selección por rigorosa orde de inscrición no seguinte ENLACE

Prazo: ata o xoves 24 de xuño ás 14:00 h.

GRATUÍTO

 

 

Compartir