Programa "MULLER A COOPERATIVA É PARA TI"

Programa "MULLER A COOPERATIVA É PARA TI"

A Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada no marco da programación de actividades da Rede Eusumo vai realizar dende a Axencia de emprego e desenvolvemento local o PROGRAMA " MULLER A COOPERATIVA É PARA TI".

Dirixido ás mulleres, tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso mulleres ocupadas e con interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. 

Cunha duración de 20 h. cada un, son gratuítos para o alumnado, realizaranse no salón de plenos, e as datas previstas  en horario de 9:30 a 14:30 horas son:

Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas: Do 20 ao 23 setembro de 2021 

Muller lánzate a emprender en cooperativa: do 6 ao 9 de xullo 2021

Se lle interesa asistir a todo o itinerario ou a algún dos cursos que se van a realizar en Sada, pode cubrir este formulario de INSCRICIÓN, ou pode chamar á Axencia de emprego e desenvolvemento local ao teléfono 620 765 150

Esta é a PROGRAMACIÓN 

Compartir