Programa "VIVES EMPREGA SADA"
O Concello de Sada está a por en marcha en colaboración coa Fundación Acción contra a Fame o programa "Vives Emprega Sada", para mellorar a empregabilidade e a volta ao mercado laboral de persoas en situación de desemprego.
O obxectivo desta estratexia é facilitar o acceso a un posto de traballo a persoas en risco de exclusión a través de traballo en equipo e persoal para potenciar as súas competencias profesionais.
Vives Emprega Sada está destinado a: mozos e mozas desempregadas, persoas desempregadas de longa duración, con fillos e fillas a cargo, con discapacidade, migrantes, etc.
Como me apunto?
Cubrindo este formulario, chamando ao 681 700 162 ou enviando correo a mavidal@accioncontraelhambre.org