PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia:

·  Antigüidade ininterrompida por un prazo superior a 42 meses

· Rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros

· Facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.

b) Ter a empresa unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na última declaración realizada.

c) Ter a empresa unha base impoñible no imposto de sociedades da última declaración realizada inferior a 30.000 euros.

No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF.

Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

Liña 1 mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:

Investigación de mercado, Plan de márketing, Plan de comunicación do negocio, Plan estratéxico do negocio, Plan de        crecemento: constitución da sociedade, Plan de reorientación do negocio, Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio, Plan de refinanciamento.

Liña 2 mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:

– Compra de maquinaria.

– Compra de útiles e ferramentas.

– Reforma do local do negocio.

– Equipamentos informáticos.

– Rótulos.

– Aplicacións informáticas e páxinas web.

– Creación de logotipo do negocio.

– Mobiliario.

Prazo de presentación de solicitudes ata 02 agosto 2019

Enlace solicitude axuda

Compartir