Rede de promoción do emprego no sector do cerco
A Concellería de promoción económica, emprego e turismo do Concello de Sada asinou o 24 de maio un convenio de promoción de emprego coa Asociación de Armadores de Cerco de Galicia, ACERGA, co obxecto de participar na iniciativa "Rede de Promoción do emprego no Cerco" que permita poñer en valor o oficio no sector do cerco entre a poboación para dar resposta á falta de substitución xeracional.
ACERGA, busca tripulantes para os seus barcos e por esa razón crea esta Rede de Emprego á que Sada adheriuse.
Ente outros puntos dende a Concellería comprométese a proporcionar información voluntariamente a través dunha entrevista sobre temas de interese en materia de fomento de emprego no sector pesqueiro, particularmente no cerco.
É importante destacar que este sector, a pesca de cerco é un oficio tradicional en contacto directo coa natureza e supón unha actividade sostible e respectuosa co medio ambiente.
Máis información na web da Rede de emprego ACERGA