Programa "VIVES EMPREGA SAUDABLE SADA"
O Concello de Sada pon en marcha en colaboración coa Fundación Acción contra a Fame o programa "Vives Emprega Saudable Sada" para mellorar a empregabilidade e a volta ao mercado laboral de 25 mulleres en situación de desemprego neste 2022.
O obxectivo desta estratexia é facilitar o acceso a un posto de traballo a mulleres en risco de exclusión a través de traballo en equipo e persoal para multiplicar as súas oportunidades de atopar emprego, mellorando a súa saúde e fomentando un estilo de vida saudable.
Contempla a promoción da actividade física, a alimentación saudable e a saúde mental. Ademáis de fortalecer as súas habilidades e competencias profesionais, coñecerán novos recursos de búsqueda de emprego, contactarán con empresas, acudirán a eventos profesionais virtuais ou presenciais e todo elo ¡EN EQUIPO!.
Vives Emprega Sada está destinado mulleres desempregadas: paradas de longa duración, con fillos e fillas a cargo, con discapacidade, migrantes, etc.
Como me apunto?
Cubrindo este formulario ou chamando ao 682 700 162