Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de Auxiliar de reposición e venda en gran superficie

Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de Auxiliar de reposición e venda en gran superficie

A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña ORGANIZA formación dentro do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de 215 horas.

 

Este programa de 215 h. consta dunha formación troncal en empregabilidade para a busca de emprego de 65 h. (Habilidades persoais, para a empregabilidade, sociais e Internet) e dunha específica de Auxiliar de reposición e venda en gran superficie de 150 h. (50 h. de teoría: repositor/a de gran superficie, técnicas de venda e atención á clientela e 100 h. de prácticas).

 

Para poder acceder á formación específica é necesario asistir á formación troncal.

 

DIRIXIDO: A xuventude menor de 30 anos (preferentemente do concello de Sada) que se atopa inscrito/a como demandante de emprego con certificado do Programa de Garantía Xuvenil

 

Datas e horario: Do 15 de marzo e o 24 de maio de 2022 de 9:00 a 14:00 h.

Lugar: Parte teórica na Casa da Cultura Pintor Lloréns, Paseo Marítimo, s/n, Sada. Prácticas en empresas.

Prazas limitadas: 15

Enlace para realizar a inscrición ao PICE neste formulario

 

Máis información no teléfono ou WhatsApp 620 765 150

Compartir