Cursos de itinerario U. Coop Espazocoop - Concello de Sada
A Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada no marco da programación de actividades da Rede Eusumo vai realizar dende a Axencia de emprego e desenvolvemento local un itinerario para o fomento do cooperativismo e da Economía Social, formado por TRES cursos incluídos no baremo de marisqueo da Consellería do Mar cunha puntuación de 0,40 puntos cada un.
Imparte Unión de Cooperativas Espazocoop
Colaboran: Concello de Sada - Consellería de Emprego e Igualdade - Xunta de Galicia - F.S.E.
Estes cursos cunha duración de 20 h. cada un, son gratuítos para o alumnado, realizaranse no Salón de Plenos do Concello de Sada -Avenida do Porto, 24- de martes a venres en horario de 9:30 a 14:30 horas, son:
• Curso "Lánzate a emprender en cooperativa" | datas: 22-25/03/22
• Curso "E se traballamos en equipo?" | datas: 29/03 - 01/04/2022
• Curso: "Achegándonos ao conflito" | datas: 05-08/04/2022. Cambio de datas do 19 ao 22 de abril
Se lle interesa asistir a todo o itinerario ou a algún dos cursos pode inscribirse PREMENDO AQUÍ, ou chame á Axencia de emprego e desenvolvemento local ao teléfono 620 765 150