PROGRAMA DIXITALIZATE
A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora na organización da formación "Programa Digitalízate" cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Cámaras de Comercio de España e da Coruña.
DIRIXIDO: ás persoas desempregadas de + de 45 anos, que queiran melloran as súas competencias dixitais.
CONTIDO: Estudaranse diferentes conceptos de Social Media Marketing e aprenderanse, entre outros, a definir o perfil profesional do Community Manager, principais redes sociais as súas características e as súas campañas de anuncios patrocinados, inicio á analítica web, que é o SE e márketing dixital: o seu contexto e elementos.
Ademais, durante o curso coñecerase a contorna de traballo de Google Drive e aprenderanse os conceptos e usos básicos de ferramentas para traballar en contornas colaborativas e en rede con obxecto de mellorar as competencias na contorna dixital e aproveitar estas para a aprendizaxe permanente e a mellora da empregabilidade.
Tamén se aprenderá todo o relativo ao Certificado Dixital e a realizar xestións en liña coa Administración de maneira fácil e rápida.
DURACIÓN: 100 h.
Horario: de 9:30 a 13:30 h. de martes a venres, do 10 de xuño ao 22 de xullo, a excepción do luns 20 de xuño
Lugar: Aula Cemit do Concello de Sada, Praza da Pescadería, s/n
Prazas limitadas: 12
Se lle interesa asistir ao programa pode inscribirse PREMENDO AQUÍ, ou chame á AEDL ao teléfono 620 765 150