ACCIÓN FORMATIVA DE ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN

ACCIÓN FORMATIVA DE ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN

Tal e como estaba previsto no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local desta deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas da 2ª edición do Itinerario de Comercio e Loxística que inclúe ó acceso ao carnet C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP) como formación complementaria ao seguinte certificado de profesionalidade:

ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN (RD 1522/2011, de 31 de octubre)

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria en A Barcala-Cambre  e no Polígono Industrial de Ledoño (Culleredo).

A data de inicio, prevista para outubro, será comunicada ao longo do proceso de selección.

A xornada formativa obrigatoria,
 a desenvolver preferentemente, é en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide de Actividades Auxiliares de Almacén, a obtención do carnet C e o CAP, xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

Información e inscrición das persoas de Sada na Axencia de emprego e desenvolvemento local ata o luns 23 de setembro ás 14:00 horas.

Tendes acceso a mais información sobre o proxecto EIXO na páxina do Plan de Emprego Local:https://emprego.dacoruna.gal/index.php?cID=13640

Compartir