Obradoiro dual de emprego "RESERVA DA BIOSFERA: EMPREGO VERDE II"

Obradoiro dual de emprego "RESERVA DA BIOSFERA: EMPREGO VERDE II"

A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia resolveu concederlle ao Concello de Abegondo unha subvención por importe de 503.987,00 euros, para poñer en marcha o obradoiro dual de emprego " Reserva da Biosfera: Emprego Verde II", programa no que tamén participarán como entidades promotoras e beneficiarias os concellos de Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.

A execución deste obradoiro, cuxa data de inicio prevista é o 3 de outubro de 2022, posibilitará a contratación durante un ano de 26 persoas, 20 para as prazas de alumnado-traballador e 6 para as prazas de persoal directivo, docente e de apoio.

Nos vindeiros días aprobaranse as bases que rexerán os respectivos procesos de selección. No caso concreto do alumnado-traballador, será seleccionado entre as persoas precandidatas dos 8 concellos participantes enviadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia, logo de realizar a oferta correpondente.

As persoas interesadas deberán solicitalo na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia, indicando os códigos concretos das especialidades deste programa mixto, que son:

- "ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES" (AGAR0309)

 - "ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINARÍA" (AGAO0108)

Para máis información, contactar co Concello de Sada:

Luisa Celis Sanmiguel, Técnica de emprego e desenvolvemento local- Telf: 620 765 150 / Correo: aedl@sada.gal

Rogelia Nogueira Naya, Orientadora laboral- Telf: 981 62 04 93 / Correo: orientación.laboral@sada.gal

Tamén pode realizar a solicitude de participación no obradoiro de emprego de modo telemático a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia.

 

SELECCION DE PERSOAL

BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE II”.

RESULTADOS DEFINITIVOS SELECCIÓN ALUMNADO-TRABALLADOR

RESULTADOS DEFINITIVOS DA SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO 

 

 

Compartir