PICE. Auxiliar de almacén e manexo de carretilla elevadora e PEMP (plataformas elevadoras móbiles de persoal)

PICE. Auxiliar de almacén e manexo de carretilla elevadora e PEMP (plataformas elevadoras móbiles de persoal)

Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de Auxiliar de almacén e manexo de carretilla elevadora e PEMP.

 

A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña ORGANIZA formación dentro do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de 215 horas, cofinanciado por Fondo Social Europeo, Ministerio de Trabajo e Economía Social y Cámaras de Comercio.

 

Este programa de 215 h. consta dunha formación troncal en empregabilidade para a busca de emprego de 65 h. (Habilidades persoais, para a empregabilidade, sociais e Internet) e dunha específica de Auxiliar de almacén e manexo de carretilla elevadora e PEMP de 150 h. (90 h. teóricas: operacions auxiliares de almacenaxe, preparación de pedidos, operador de carretillas elevadoras e de plataformas elevadoras móbiles de persoal e 60 h. de prácticas en empresa).

 

Para poder acceder á formación específica é necesario asistir á formación troncal.

 

DIRIXIDO: A xuventude menor de 30 anos (preferentemente do concello de Sada) que se atopa inscrito/a como demandante de emprego con certificado do Programa de Garantía Xuvenil

 

Cronograma: Do 28 de setembro ao 12 de decembro de 2022

·         Formación Troncal (65 h.): O alumnado deber asistir ao menos, ao 75% para poder cursar a específica

Desde o 28/09/2022 ata o 25/10/2022

Clase de luns a xoves en horario de 9:00 a 14:00 h

 

·         Formación Específica (150 h.) Programa:

Parte Teórica: 90 h. do 26/10/2022 ao 22/11/2022 (sen clase o 31/10)

Na aula de informática CEMIT os días 20, 24 e 25/10

Clases de lunes a viernes en horario de 9:00 a 14:00 h.

Parte de Prácticas en empresa: 60 h. do 23/11/2022 ao 12/12/2022

 

Lugar: Parte teórica na Casa da Cultura Pintor Lloréns, Paseo Marítimo, s/n, Sada. Prácticas en empresas.

 

Prazas limitadas: 15

Enlace para realizar a inscrición ao PICE neste formulario 

Máis información na AEDL no teléfono ou WhatsApp 620 765 150

 

Compartir