CURSO INGLÉS NIVEL A1/A2 ORIENTADO Á BÚSQUEDA DE EMPREGO PARA 45+

CURSO INGLÉS NIVEL A1/A2 ORIENTADO Á BÚSQUEDA DE EMPREGO PARA 45+

A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña ORGANIZA formación dentro do Programa de emprego 45+que é unha iniciativa das cámaras de comercio desenvolvida no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación 2014-2020 (POEFE) cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Dirixido a persoas que se atopen entre os 45 e 60 anos cumpridos e que se atopen en situación de desemprego o inactividade laboral.

Co curso o alumnado que o desexe, poderá realizar o examen oficial da Certificación Oficial de OXFORD.

Datas: do 5/10/2022 ao  01/12/2022

Horario:

   - De luns a xoves de 9:00 a 13:30 h. Sí haberá clase os venres 14/10 e 4/11

   - Os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro, o horario será de 9:00 a 14:00 h.

   - Os días 12 e 31 de outubro e 1 de novembro, NON HABERÁ CLASE. 

Duración: 150 horas. 

Modalidade: Presencial

Imparte: Innova Idiomas

Lugar de celebración: Salón de Plenos do Concello de Sada, Avda. do Porto, 24 – SADA

O obxectivo, programa e cronograma pódeos atopar neste enlace

Se quere realizalo, pode inscribirse neste Link 

Máis información na AEDL no teléfono ou WhatsApp 620 765 150

Compartir