PROGRAMA MULLERES DIXITAIS
A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade está a por en marcha o programa “Muller Rural 2022-2023” que ten por obxectivo formar a mulleres desempregadas ou en mellora de emprego, inscritas en Emprego Xunta, que residan preferentemente en Sada en accións formativas para a adquisición de competencia dixital.
Un segundo obxectivo do programa é dotar ás participantes dun terminal dixital ao finalizar a formación; nesta caso, unha tablet con teclado externo.
As especialidades formativas son:
- FCOI01MRR Competencias dixitais básicas. 40 h.
- FCOI02MRR Competencias dixitais avanzadas. 40 h.
- FCOI08 Iniciación ás competencias dixitais básicas para o emprendemento. 40 h.
En tódolos programas é obrigatoria a realización do Módulo Transversal FCOXXX21 Formación para a igualdade, excepto aquelas alumnas exentas por xa telo cursado. 5 horas.
Inicio de acciones:
- Xornada de presentación, o 26/10/2022 ás 11:00 h. no auditorio da Casa da Cultura Pintor LLoréns.
- FCOI01MRR Competencias dixitais básicas. 40 h. o 7 de novembro de 2022
- FCOI02MRR Competencias dixitais avanzadas. 40 h. o 25 de novembro de 2022
Horario de mañá de 9:30 a 13:30 h ou de tarde de 16:30 a 20:30 h. na Aula Cemit
Máis información na AEDL, na páxina de Mulleres dixitais ou no móbil 621.18.08.98