Obradoiro de "busca de emprego"
A Concellería de educación, xuventude, emprego e desenvolvemento do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo - BUMEI organiza un obradoiro de "Busca activa de emprego", no marco do Proxecto Emprega.
Dirixido a calquera persoa que desexe asistir.
Día: 20 de decembro de 2022
Horarios: De 9-10:30 h./de 11-12:30 h./ de 13-14:30 h.
Lugar: Aula CeMIT, Praza da Pescadería s/n (SADA)
Contidos:
- Proceso de procura de emprego:
• Definición de obxectivo profesional. Coñecer o noso perfil profesional
• Autocoñecemento. Coñecer o mercado laboral. Definir o teu plan de procura de emprego
• Coñecemento da contorna profesional: Como buscar emprego
• Intermediación no mercado de traballo
• Ponte en marcha
• Contacta coa empresa
• Redes sociais e procura de emprego. Marca persoal
• Ferramentas de contacto coa empresa. Currículo vitae (c.v). Que buscan as empresas?
- O proceso de selección empresarial
- Mercado oculto de traballo
GRATUÍTO!