IniciaTIC impulsa a transformación dixital para PEMES, persoas emprendedoras e autónomas

IniciaTIC impulsa a transformación dixital para PEMES, persoas emprendedoras e autónomas

A Concellería de educación, mocidade, emprego e desenvolvemento do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora coa Fundación Cibervoluntarios, que conta co apoio do Ministerio de Traballo e Economía Social, na organización de distintas accións formativas en liña no marco do proxecto IniciaTIC, segundo convenio asinado entre ambas entidades.

 

IniciaTIC impulsa a transformación dixital para PEMES, persoas emprendedoras e autónomas con cursos gratuítos. O obxectivo é que as persoas participantes aprendan a utilizar as ferramentas dixitais para impulsar o seu negocio.

 

Os obradoiros en liña previstos no primeiro semestre de 2023, o 11 e 25 de maio en horario de 15:00-16:30 h. son de E-commerce y E-commerce - Pon en marcha a túa tenda.

 

Programación: Abril

 

Día 20/04/23 de 15:00 - 16:30 h. Marketing Dixital - Crear presenza:

·         Introdución ao marketing online

·         Branding

·         Fan Page Facebook

·         Ferramentas de xestión, infografías, bancos de imaxes, campañas de emailing

 

Día 27/04/23 de 15:00 - 16:30 h. Marketing Dixital - Xerar contido e anuncios:

·         Creación e xestión de contidos

·         Xestor de anuncios FB e IN

·         Segmentación e Anuncios

·         Keywords

 

Programación: Maio

 

Día 11/05/23 de 15:00 - 16:30 h. E-commerce

·         Introdución ao Comercio Electrónico

·         Tipos e estratexias

·         Vantaxes e inconvenientes

·         ¿Tenda propia ou E-commerce?

·         Benchmarking

·         Embudes de ventas

·         Design Thinking

·         Canles de comunicación

 

25/05/23 de 15:00 - 16:30 h. E-commerce - Pon en marcha a túa tenda

·         Market Places e Tienda online

·         Marketplace ( Correos Market, Etsy, Amazon, Ebay...)

·         Tenda Online (Magento, Prestashop, Shopify, Wordpress)

·         Que son as pasarelas de pago

·         Contido legal (LPD, cookies, datos...)

·         Tendencia: Mobile commerce

 

Programación: Xuño

 

01/06/23 de 15:00 - 16:30 h. Administración Electrónica I 

·         ¿Que é a administración electrónica?

·         Os certificados electrónicos

·         DNIe

·         A firma electrónica

 

02/06/23 de 15:00 - 16:30 h. Administración Electrónica II 

·         Sede electrónica

·         Rexistro Electrónico

·         Notificacións electrónicas

·         Rexistro electrónico de apoderamento (@podera)

·         Factura electrónica


Para inscribirse aos obradoiros pode cubrir este formulario ou chamar á AEDL ao teléfono 620 765 150

Compartir