"Masterclass en trámites on line"

"Masterclass en trámites on line"

A Concellería de educación, xuventude, emprego e desenvolvemento do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Asociación de Mulleres en Igualdade Provincial de Lugo - BUMEI  organiza un obradoiro de "Máster Class en trámites on line",  no marco do Proxecto Emprega: Formación, Traballo e Igualdade, a túa liberdade.

Dirixido a calquera persoa desempregada que desexe asistir.

Día:  24 de maio de 2023 en dúas franxas horarias a elixir: 

De 10:00-13:00 h. na Casa da Cultura Pintor Lloréns, Sada

De 16:30-19:30 h. na Aula Cemit, Sada
 
 
Para inscribirse cubra este FORMULARIO ou chame ao 609 837 645/ 620 765 150 

GRATUITO!

 

Compartir