Programa EXPERTCLIK +55

Programa EXPERTCLIK +55

No marco do convenio de colaboración suscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios  para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nível persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas organizacións

A Concellería de benestar social e igualdade e emprego a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora na organización  de Expertclick na aula Cemit, un programa realizado por Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca (AEB), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

DIRIXIDO: ás persoas de + 55 anos, que queiran melloran as súas competencias dixitais.

O obxectivo é que as persoas maiores aumenten a súa independencia e autonomía persoal á hora de comunicarse, realicen trámites e participen de forma activa na sociedade, mellorando así a súa autoestima e favorecendo un envellecemento activo e saudable.

CONTIDO: As persoas maiores aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet e a utilizar o seu teléfono móbil ou tablet para comunicarse por videoconferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, comprar en liña ou aproveitar o seu tempo de lecer creativo na rede.

Neste curso aprenderás a utilizar:

- App para estar conectade@s: videollamadas e Whatsapp 

- App de xestión para o día a día: saúde e banca en liña 

- App de entretemento e lecer: redes sociais 

 

DURACIÓN: 4 h. 

Días: 5 e 6 de setembro de 2023

Horario: de 16:00 a 18:00 h.

Lugar: Aula CeMIT do Concello de Sada, Praza da Pescadería, 5

Imparte: Voluntario D. José Troca

Prazas limitadas: 15

Máis información na AEDL ou no 620.765.150

Inscripción neste ENLACE

GRATUITO

Compartir