Apertura e inscrición da Aula CeMIT
Apertura da aula de referencia CeMIT do Concello de Sada.
Esta prestación de servizos realizarase segundo os obxectivos, contidos, metodoloxía e proceso de implementación, seguimento e avaliación establecidos pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), dentro do proxecto de posta en marcha da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, denominada “Rede CeMIT” e do Plan de Inclusión Dixital de Galicia, en virtude do convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a xestión do Plan de Reforma e Ampliación da Rede de aulas CeMIT, cara á plena capacitación dixital da sociedade galega 2022-2025.
A programación prevista na aula de referencia CeMIT do Concello de Sada, tendo en conta que segundo a demanda pode haber varias edicións, é a seguinte:
· Iniciación á informática
· Administración electrónica. Trámites
· Uso seguro de Internet. Compras en Internet
· Aprenda a usar o smartphone e a smart TV
· Procura de emprego 2.0
· Ofimática: procesador de textos
· Ofimática: Folla de cálculo
· Ofimática: Base de datos
· Ofimática: Presentacións
· Comunicación e Redes Sociais
· Tratamento de imaxes e vídeo
· Marketing e venda en liña
· Community manager
· Deseño gráfico con CANVA
· Teletraballo, reunións en líña e capacitación on line
· Introdución á mecanografía
· Big data
· Iniciación ao uso e manexo de Raspberry Pi
· Curso básico de creación de deseños e impresión 3D
· Iniciación á realidade virtual educativa con gafas RV
· Iniciación á programación de Drons
· Iniciación á programación de videoxogos
· Charlas sobre temas dixitais
Se lle interesa realizar algunha acción formativa, pode realizar a súa inscrición:
Na Aula CeMIT Sada, se se rexistrou
Se non o está:
- de maneira telemática neste formulario
- chamando ao teléfono 981 97 72 65 de luns a venres de 09:30-13:30 h. e de 16:00 a 20:00 h.
- de forma presencial, na aula, Praza da Pescadería, 5-15160 Sada, de luns a venres de 09:30-13:30 h. y de 16:00 a 20:00 h.
GRATUITO!