PROGRAMA DE FORMACIÓN GRATUITA EXTRAORDINARIAS

PROGRAMA DE FORMACIÓN GRATUITA EXTRAORDINARIAS

O Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL), organiza o Programa de Formación Gratuíta Extraordinarias, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios xunto coa Zona from Facebook.

https://www.cibervoluntarios.org/

 

Este proxecto ten como obxectivo formar en transformación dixital a 1.500 mulleres emprendedoras de zonas rurais de toda España co fin de potenciar ideas e negocios activos que están xerando valor e economía local para impulsalos a nivel global.

 

Os contidos están centrados nos primeiros pasos da transformación dixital, o modelo de negocio e o marketing dixital.

Este obradoiro complétase con formación online para todas as participantes que o desexen.

 

Además, entre as participantes seleccionaranse as mellores iniciativas para ser parte dun programa de mentoring en procesos de transformación dixital en Zona from Facebook, así como apoio a súa expansión e  sostenibilidade.

 

A formación é presencial e ten unha duración de 6 horas repartidas en 2 sesións

Datas: 15 e 18 de outubro de 2019

Horario: das 17:00 ás 20:00 h.

Nº de prazas: 10

 

Requisitos ser muller emprendedora ou autónoma, con coñecementos no uso de redes sociais e Internet.

 

Inscrición na páxina web https://www.aedlsada.gal ou cubrindo o cuestionario 

Para máis información da acción formativa ou do proceso de inscrición e participación na mesma, pode dirixirse á AEDL, enviar un correo electrónico ao enderezo aedl@sada.gal; ou chamar aos teléfonos n.º 881 929 057 / 620 765 150

Prazo de inscrición: ata o luns 14 de outubro ás 12:00 h.

 

O obradoiro é GRATUÍTO

Compartir