Campaña informativa INFOCONSUMO
O Concello de Sada colabora co Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC) na campaña informativa INFOCONSUMO.
O obxectivo é achegar á poboación sadense, como persoas consumidoras e usuarias de produtos e servizos de todo tipo, información e asesoramento en materia de consumo, para dar a coñecer os seus dereitos, e reducir así os riscos de vulnerabilidade, fomentando un consumo máis responsable, consciente e sustentable.
A metodoloxía que empregaremos será de carácter participativo, para poder analizar e escoitar casos reais que suceden na nosa vida cotiá como persoas consumidoras en base aos conflitos que poidan xurdir no momento da compra dun ben ou un servizo.
Complementariamente, o IGCC pon ao dispor das persoas consumidoras os Venres de Consumo responde, unha iniciativa virtual para atender en aberto os venres ás 12.30 horas, todas as dúbidas das persoas consumidoras a través da aula virtual do organismo.
A cidadanía pode tamén facer uso do servizo telefónico de información gratuíta 900 23 11 23, que funciona de 9 a 14 horas e de 17 a 19 horas de luns a venres, ou achegarse con cita previa a calquera das oficinas do IGCC na Coruña. As persoas consumidoras tamén poden enviar as súas dúbidas por correo electrónico ou a través dun formulario que atoparán na web do organismo.
As charlas informativas presenciais serán impartidas por persoal técnico da Escola Galega de Consumo do IGCC, terán lugar no Concello de Sada (Salón de Plenos) e van tratar sobre os seguintes temas:
• 05/10/2023 ás 11 h. Servizos no fogar: luz e gas, informarase sobre os conceptos básicos que figuran na factura da luz e do gas para a súa mellor comprensión, así como para a adopción de decisións que poidan axudar no aforro. Así mesmo, trasládanse diferentes recomendacións, como solicitar as ofertas comerciais que se reciban sempre por escrito e ser cautelosos ao contratar fórmulas de cálculo do prezo da luz de difícil comprensión.
• 11/10/2023 ás 11 h. Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar, abordaranse os contidos correspondentes á legalidade en materia de prezos, ofertas e promocións... así como as garantías e documentos xustificativos á hora de adquirir un ben ou un servizo, para finalmente, rematar co procedemento básico de reclamación cando non se cumpran ditos dereitos.
• 08/11/2023 ás 11 h. Consumo responsable e decisións de compra: prezos, etiquetaxe…
• 15/11/2023 ás 11 h. Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas…
Para asistir pode inscribirse nesta LIGAZÓN
Mais información na Axencia de emprego e desenvolvemento local ou no 620 765 150
GRATUITO