PROGRAMA INICIATIC

PROGRAMA INICIATIC

No marco do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios  para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nível persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas as organizacións.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora coa Fundación Cibervoluntarios na organización de distintas accións formativas no marco do proxecto IniciaTIC na aula CeMIT.

IniciaTIC impulsa a transformación dixital para PEMES, emprendedores e autónomos con cursos gratuítos. O obxectivo é que as persoas  participantes aprendan a utilizar as ferramentas dixitais para impulsar o seu negocio.

A formación é presencial. O cronograma é o seguinte:


Taller: Ferramentas de Xestión e Comunicación
Data: 09/04/2024

Horario: de 9:00 a 14:00 h.

Contidos:
I: Gmail, Google Meet, Drive e Calendar de 9:00 a10:30 h.
II: Google Sites, Trello e Slack de 10:30 a 12:00 h.
III: email márketing, CRM e ferramentas de facturación de 12:30 a 14:00 h.

Voluntaria: Isabel López García 


Taller: Marketing Dixital
Data: 10/04/2024

Horario: de 9:00 a 14:00 h.

Contidos:
I: como crear unha marca de 9:00 a 10:30 h.
II: como crear contidos de valor, promocionalos a través de Facebook e Instagram e analizar os principais indicadores de resultado de 10:30 a 12:00 h.
III: ferramentas de márketing dixital avanzado: SÉ, SEM, Google Analytics e Google Ads de 12:30 a 14:00 h.

Voluntaria: Angélica Vidal Ruiz

Lugar: Aula CeMIT, Praza da Peixaría, 5
Prazas limitadas: 15


Más información na AEDL ou no 620.765.150
Inscrición nesta LIGAZÓN
GRATUÍTA!

Compartir