PICE COMMUNITY MANAGER: XESTIÓN DE RRSS E PÁXINAS WEB VS ARTE E DESEÑO DIXITAL CON BLENDER

PICE COMMUNITY MANAGER: XESTIÓN DE RRSS E PÁXINAS WEB VS ARTE E DESEÑO DIXITAL CON BLENDER

A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña na ORGANIZACIÓN de formación dentro do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Traballo e Economía Social e Cámaras de Comercio de España.

Este programa de 180 h. consta dunha formación troncal en empregabilidade para a procura de emprego de 60 h. (Habilidades persoais, para a empregabilidade, sociais e Internet) e dunha específica de "Commnunity Manager: xestión de Redes Sociais e páxinas web" ou de "Arte e deseño dixital con Blender".

En función das inscricións farase un ou outro.

DIRIXIDO: Á mocidade menores de 30 anos (preferentemente do Concello de Sada) inscrito/a como demandantes de emprego con certificado do Programa de Garantía Xuvenil.

Cronograma:

·  Formación Troncal (60 h): Do  08/04/2024 al 23/04 2024

O alumnado deber asistir polo menos, ao 75% para poder cursar a específica

·  Formación Específica en en Community Manager: Xestion de Redes Sociais e páxinas web ou Arte e deseño con Blender (120 h):

Fechas: del 24/04/2024 al 17/06/2024

Modalidade: Presencial

Se lle interesa, pode inscribirse neste Link
 
Más información na AEDL no teléfono ou WhatsApp 620 765 150

 

Compartir