IniciaTIC: Ecommerce I y II, Big data
No marco do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nível persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas as organizacións.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora coa Fundación Cibervoluntarios na organización de distintas accións formativas no marco do proxecto IniciaTIC.
IniciaTIC impulsa a transformación dixital para PEMES, emprendedores e autónomos con cursos gratuítos. O obxectivo é que as persoas participantes aprendan a utilizar as ferramentas dixitais para impulsar o seu negocio.
A formación é EN LIÑA. O cronograma é o seguinte:
Obradoiro: Ecommerce I: Introdución ao comercio electrónico, o 16/05/2024 de 20:30 a 22:00 h.
Contidos:
• Introdución ao Comercio Electrónico
• Tipos e estratexias
• Vantaxes e inconvenientes
• Tenda propia ou E-commerce?
• Benchmarking
• Embudes de vendas
• Design Thinking
• Canles de comunicación
Obradoiro: E-commerce II: como vender os teus produtos en marketplaces ou crear a túa propia tenda en liña, o 22/05/2024 de 20:30 a 22:00 h.
Contidos:
• Market Places e Tenda en liña
• Marketplace ( Correos Market, Etsy, Amazon, Ebay...)
• Tenda En liña (Magento, Prestashop,Shopify, Wordpress)
• Que son as pasarelas de pago
• Contido legal (LPD, cookies, datos...)
• Tendencia: Mobile commerce
Obradoiro: Big data. Primeiros pasos na análise de datos, o 05/06/2024 de 20:30 a 22:00 h.
Contidos:
• Conceptos básicos
• Análise de datos
• Ferramentas útiles
Ciber: Sofía Blanco y Alberto Rodríguez
Para máis información pode contactar coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) a través de móbil ou WhatsApp no 620 765 150
Inscrición nesta LIGAZÓN
GRATUÍTOS!