PROGRAMA INICIATIC ONLINE: TURISMO

PROGRAMA INICIATIC ONLINE: TURISMO

No marco do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios  para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nível persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas as organizacións.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora coa Fundación Cibervoluntarios na organización de distintas accións formativas no marco do proxecto IniciaTIC.

IniciaTIC impulsa a transformación dixital para PEMES, emprendedores e autónomos con cursos gratuítos. O obxectivo é que as persoas participantes aprendan a utilizar as ferramentas dixitais para impulsar o seu negocio.

A formación é EN LIÑA. O cronograma é o seguinte:

Obradoiro: Presenza en Internet para o sector turismo

Programación: 11/06/2024 de 20:30 a 22:00 h.

Aprende a crear unha páxina web para o teu negocio turístico e a importancia de posicionala nos buscadores. Coñece as vantaxas de ter presenza noutras plataformas de reservas en liña, e de ofrecer os teus servizos nunha aplicación móbil.

Ciber: Sebastián Barcia

Obradoiro:Marketing dixital redes sociais para o sector turismo

Programación: 13/06/2024 de 20:30 a 22:00 h.

Aprende a crear contido de calidade sobre o teu negocio, posicionalo en Internet e redes sociais e promocionalo en Google con anuncios de Google Ads.

Ciber: Sofía Blanco y Silvia Romero

ObradoiroTecnoloxías para mellorar a experiencia de cliente no sector turismo

Programación: 18/06/2024 de 20:30 a 22:00 h.

Coñece as posibilidades de ferramentas e plataformas dixitais para mellorar a experiencia dos teus clientes, facilitarlles as reservas e pedidos, fidelizalos e incentivar as recensións positivas.

Ciber: Sofía Blanco

Taller: Tendencias de futuro no sector turismo

Programación: 20/06/2024 de 20:30 a 22:00 h.

Coñece as posibilidades de ferramentas e plataformas dixitais para mellorar a experiencia dos teus clientes, facilitarlles as reservas e pedidos, fidelizalos e incentivar as recensións positivas.

Para máis información pode contactar coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) a través de móbil ou WhatsApp no 620 765 150

Inscrición nesta LIGAZÓN 

GRATUÍTOS!

Compartir